Saturday 04 de May de 2024

O BNG de Oleiros elixe como novo responsable local a Andrés Bieito Hernández Mouriño


O BNG de Oleiros vén de elixir ao seu novo responsable local.
Tal e como fixan os estatutos da formación, estes cargos renóvanse nas asembleas locais posteriores a cada convocatoria electoral.
Nesta ocasión deuse a coincidencia de tres convocatorias (municipais, estatais e galegas) nun curto período de tempo; porén, deuse tamén a coincidencia de que a compañeira recentemente elixida como responsable local, Sonia Insua, non pode continuar polas dificultades para conciliar a vida laboral e failiar. Unha vez máis móstrase a necesidade social de traballar para dotar dos medios e servizos precisos para facer posible a conciliación laboral e familiar, sen que o peso da mesma impida o desenvolvemento da actividade pública.
O novo responsable local, Andrés Bieito Hernández Mouriño, de 53 anos, é veciño de Santa Cruz; casado e cun fillo, é traballador social nun concello próximo, e conta cunha ampla traxectoria de participación social e política en diferentes eidos.
Os principais retos serán a coordinación co portavoz municipal, Iván Roca, no desenvolvemento do traballo e iniciativas institucionais; e a dinamización da organización local do BNG para facela máis próxima á veciñanza e ás súas necesidades e demandas.